Veterinaria Galega

A UE reforzará a investigación do virus Schmallenberg que xa afectou 3.856 explotacións na UE
A Eurocomisión seleccionou 14 proxectos e investirá 3 millóns de euros.

A Comisión Europea pagará o 50% do custo das investigacións realizadas en España, Reino Unido, Alemaña, Bélxica, Francia, Italia e os Países Baixos. Son en total catorce proxectos científicos, varios deles coa participación de varios equipos internacionais. O obxectivo é afondar nas causas da infección, transmisión e no deseño de procedementos de análise que permitan avanzar na loita co virus Schmallenberg.

A decisión chega ao tempo que se coñece que a nivel da Unión Europea foron xa un total de 3.856 as explotacións afectadas polo virus Schmallenberg. Os servizos veterinarios dos respectivos estados membros confirmaron un total de 2.470 focos en granxas de ovino, 1.314 de bovino e 72 de caprino.

Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades

Planta piloto de xeración de biogás con abono avícola
USC e Unións Agrarias colaboran en Silleda neste proyecto.

O Proyecto Ecorega, iniciativa impulsada con fondos europeos para a investigación do aproveitamento de residuos agrícolas en explotacións de Galicia e Estremadura, é o marco no que se desenvolve o proxecto recentemente presentada en Silleda.

Alí, o grupo de expertos en enerxía ambiental e bioprocesos da Universidade de Santiago e o sindicato Unións Agrarias, estudan o proceso de abono avícola para a produción de biogás. Unha granxa activa no lugar de Trasfontao e propiedade dun particular é o centro de experimentación escollido. Un tanque de almacenamento de leite acolle a mestura procedente da explotación onde se realiza o proceso natural de degradación da materia orgánica.

Os investigadores agardan que o perfeccionamento destes procesos sirva non só para solucionar os problemas de xestión de residuos das explotacións, senón tamén para abastecer as propias instalacións de enerxía. Durante os próximos meses, os expertos da USC controlarán o proceso para avaliar a posible rendabilidade económica e extensión a outras granxas.

Aumento de alerxias ao Anisakis
A Sociedade Española de Parasitoloxía advirte un aumento de larvas do parásito.

De 0,35 gramos por quilo no treito 2007-2010 a máis de 1,3 gramos por quilo na actualidade. Os datos achégaos a propia Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, colaboradora do estudo realizado a nivel estatal en colaboración coas universidades de Granada, Complutense de Madrid e Centro de Microbioloxía. Os grupos de investigación, integrados na Sociedade Española de Parasitoloxía, subliñan así a multiplicación durante o último exercicio das larvas de anisaki.

O que redundaría nun aumento dos casos de alerxia durante este ano. Durante os tres primeiros meses de 2012, datos do servizo de alergoloxía do hospital La Princesa, en Madrid, sinalaban que en casos de alerxia alimentaria a porcentaxe de pacientes atendidos relacionados co Anisakis chegou ao 39%.

O Senado pronúnciase a prol da promoción das razas autóctonas
A Cámara insta o goberno a aprobar medidas de estímulo e conservación.

Dar a coñecer a nivel estatal e internacional o significado que para o patrimonio gandeiro estatal supoñen as razas autóctonas, e especialmente as que se atopan en perigo de extinción, é o obxectivo da moción aprobada polo Senado.

No documento ínstase ao executivo a adoptar medidas de promoción e conservación e proponse elaborar iniciativas para o seu mantemento e mellora, evitando o descenso poboacional. Fomentar o desenvolvemento destas razas autóctonas nos seus contornos rurais propios e incentivar o consumo dos animais e dos produtos derivados serían ademais obxectivos estratéxicos.

Germán Santamarina Pernas elixido novo decano da Facultade de Veterinaria de Lugo
A súa candidatura, única presentada, recibiu o voto de 63 dos 74 electores.

O impulso da colaboración co Hospital Veterinario Rof Codina, a culminación da introdución do grao e o reforzo da calidade docente e investigadora foron as liñas subliñadas cara ao seu mandato por Germán Santamarina.

O novo decano, de 46 anos, foi xustamente estudante da primeira promoción de veterinarios saída da facultade luguesa, no ano 1984. Xa que logo, Germán Santamarina Pernas será o primeiro decano que completou a súa formación integramente no propio centro no que ao longo dos anos, logo de finalizar a licenciatura, exerceu de bolseiro e profesor axudante ao comezo e titular posteriormente.

Cambio nas condicións para o recoñecemento oficial de asociacións de criadores de animais de raza
Suprímense como requirimentos para o recoñecemento dunha segunda asociación para a xestión do libro xenealóxico dunha raza, o número mínimo de animais e gandeiros afiliados.

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se modifica a normativa vixente sobre o Programa Nacional de conservación, Mellora e Fomento das razas gandeiras en materia de concorrencia de asociacións para a xestión do libro xenealóxico dunha raza.

Por iso, e recoñecendo a posibilidade de que haxa máis dunha asociación que lexitimamente pretenda xestionar un libro xenealóxico dunha mesma raza, a nova normativa elimina o número mínimo de animais e gandeiros afiliados a unha segunda asociación, como condición para conceder ou denegar o recoñecemento da mesma.

Tómase así en conta o feito de que non todas as razas se atopan nas mesmas circunstancias censais, territoriais e xenéticas, que poden determinar as actuacións para a súa mellor regulación e fomento.

Exceptuando esta modificación, para o recoñecemento de máis dunha asociación para a mesma raza, débense ter en consideración o resto dos requisitos establecidos, sen pór en perigo a súa conservación, nin comprometer a viabilidade do programa de mellora existente e demais obrigas que deben cumprir as asociacións para garantir unha correcta xestión da raza.

Congreso Veterinario Mundial 2013
Terá lugar en Praga do 17 ao 20 de setembro.

O 31º Congreso Veterinario Mundial coincide en 2013 cos 150 anos de historia da Asociación Veterinaria Mundial (WVA), fundada en 1863 na cidade alemá de Hamburgo por John Gamgee, malia que formalmente como colectivo non adoptaría este nome deica o ano 1959.

«A organización deste congreso daranos a oportunidade do coñecemento e reunión de  veterinarios de todas as disciplinas con científicos, afondar en novos traballos e reflexións e tamén reunirnos coa representación de organizacións vencelladas con asuntos de interese veterinario como a OIE, FAO, WHO e outros importantes actores internacionais», subliña o doutor Tjeerd Jorna, anterior presidente da WVA.

Tamén desde a organización, Karel Daniel, membro da cámara de cirurxía veterinaria da República Checa, afirma estar seguro de que este congreso cumprirá coa misión de incrementar os estándares profesionais en diversas áreas contribuíndo na tarefa de espallar o «rápido avance da medicina veterinaria moderna», aumentar a eficacia da atención veterinaria e incrementar a seguridade nos produtos de orixe animal.

Toda a información na web oficial: http://www.wvc2013.com/

Confirman un caso de EEB nos Estados Unidos
Só 29 casos na UE durante o ano pasado, logo dos controis sobre a alimentación animal.

A administración sanitaria estadounidense informou esta semana do que sería o primeiro caso de Encefalopatía Esponxiforme Bovina (EEB), o coñecido como mal das «vacas tolas», que se rexistra nos Estados Unidos durante os últimos seis anos.

O caso, detectado nunha vaca leiteira en California, non tería entrado na cadea alimentaria e a administración dos EUA asegura que se trata dun abrollo atípico non relacionado co consumo alimentario do animal.

«Os sistemas e medidas de seguridade para protexer a saúde humana e animal actuaron como estaba `revisto para identificar este caso axiña e asegurar que non presenta riscos para subministro de alimentos ou para a saúde humana», afirmou Tom Wilsack, secretario de Agricultura do goberno estadounidense.

Desde a Unión Europea, o voceiro de Sanidade e Consumo da Eurocomisión, Frederic Vincent, descartou que as autoridades europeas vaian tomar medidas específicas de control fronte ás importacións estadounidenses. Para o voceiro europeo, a detección do caso confirmaría que os sistemas de control e vixilancia que aplica tanto os EUA como a propia UE funcionan. Lembrou o portavoz que dos máis de 37 mil casos rexistrados durante o punto álxido da enfermidade na altura do ano 1992, cun grave impacto no comercio do vacún, o pasado ano 2011 só 28 casos da enfermidade foron rexistrados a nivel internacional.

Máis información:

Will BSE give animal agriculture another black eye?

Mad cow disease discovered in California animal, but food supply declared safe

V Xornadas de Orientación Laboral en Veterinaria
Dirixidas a estudantes e titulados da licenciatura.

Mercado laboral; Ferramentas e métodos na busca activa de emprego; Intelixencia Emocional; Entrevistas Laborais, etc

Abril: Xoves 26 e Venres 27

Maio: Xoves 3, Venres 4, Xoves 10 e Venres 11

Máis información na web da Facultade de Veterinaria de Lugo: Xornadas de Orientación Laboral en Veterinaria (.pdf)

Autorizado o uso de novas vacinas contra a lingua azul
A Comisión Europea informa da decisión do Comité da Cadea Alimentaria e a Sanidade Animal da UE.

O uso das denominadas «vacinas inactivadas» é a novidade máis destacable na prevención desta enfermidade, segundo informou a Comisión Europea ao respecto da aprobación do uso das novas vacinas dispoñibles para a febre catarral ovina, coñecida como enfermidade da lingua azul.

A doenza, pola que se ve afectado gando vacún, ovino e caprino, ve agora tamén modificadas as restricións ao movemento do gando e as normas de control, logo dos resultados recentes das analíticas realizadas pola Autoridade Europea para a Seguridade Alimentaria (EFSA). Desde 2008, a UE inxectara arredor de 386 millóns de euros nas campañas vencelladas a esta enfermidade, reducíndose significativamente neste treito os abrollos detectados.

As modificacións pretender incrementar a flexibilidade dos estados socios da Unión Europea á hora de deseñaren os seus plans de vixilancia. Outro efecto esperado sería minguar o custo para os gandeiros e para as propias administracións.